[doutroxeito] Xantar 13 de febreiro, venres 14:30

  • From: Chus Prol <chusprol@xxxxxxxxxxxxxxx>
  • To: doutroxeito@xxxxxxxxxxxxx
  • Date: Mon, 26 Jan 2015 19:44:31 +0100

Sempre quixen facer un Venres 13.
No mundo este dos eventos abertos e participativos vén sendo unha xuntanza en venres, ás 13 horas coa fin de tomarmos algo e intercambiar impresións, con algo máis que un café para mollar a palabra. Ainda non foi, pero mirade por onde, venres 13 foi a data escollida por todos nós para ir xantar fóra de DX e airearnos. Por algo acredito nos miragres do Antroido!

O do cocido, é unha forma de chamarlle. O xantar pode ser "doutro xeito". Aquí vos poño opcións e por descontado existe/existirá a opción vexetariana.

Proposta 1: *Restaurante Ana* (Zona de Sar) Olvido, 22. 20 €
http://www.unamesaporfavor.com/grupos/galicia/a-coruna/santiago-de-compostela/ana-7478.html

Proposta 2: *Restaurante O afiador*. San Pedro 28. Desde 15€
http://www.portaldetuciudad.net/imagenes/catalogo/40775/FileProducto_407758-3.pdf

Proposta 3: *Silveira Casa de Xantar*. Praza de Mazarelos. 10€ Menú do día (dous pratos a escoller). Pendente que envíen por correo os menús e prezos para grupos.
https://www.facebook.com/pages/Silveira-Casa-de-Xantar/1522687477946513

Proposta 4: *Parrillada O Socio*. Vista Alegre. 18 € Cocido.
Non hai web.

E non poño máis que nos liamos. Xa vos informo do que respondan os de Silveira e se atopo outro local con oferta apetecible de cocido tamén volo digo

Grazas pola atención!

--
Chus Prol
www.doutroxeito.com
Tel. 881978764 e 650477060

Other related posts: