--- Begin Message ---
- From: Luís Naveiralia <naveiralia@xxxxxxxxxxx>
- To: undisclosed-recipients: ;
- Date: Tue, 09 Jun 2009 16:07:44 +0000
REENVÍA A TODA A TÚA XENTE! Prezado amigo / Prezada amiga, Diante dos ataques que a lingua galega está a recibir dende diversos sectores sociais e políticos, a Mesa pola Normalización Lingüística da Zona de Lugo decidiu organizar un SEMINARIO DE AUTODEFENSA LINGÜÍSTICA o día xoves 18 de xuño ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Lugo. Este acto está enfocado a explicar a actual situación do idioma galego, así como as últimas novas relativas ás medidas que está a adoptar o novo Goberno da Xunta e que supoñen un claro retroceso no status social e legal da lingua galega. O seminario pretende ao mesmo tempo fornecer de ferramentas e argumentos cos que defender o noso idioma dos ataques que está a recibir. Dada a importancia de dar unha resposta acaída á actual situación, queremos convidarte a asistir a este Seminario, así como a que deas traslado deste convite a todas cantas persoas sensibilizadas co idioma coñezas. Agradecéndoche de antemán a túa colaboración na defensa da lingua galega, Recibe un afectuoso saúdo. A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (ZONA DE LUGO). Disfruta antes que nadie del nuevo Windows Live Messenger _________________________________________________________________ ¿Quieres ver los mejores videos de MSN? Enciende Messenger TV http://messengertv.msn.com/mkt/es-es/default.htmAttachment: cartazLugo.jpg
Description: image/pjpeg
--- End Message ---