[aenda] Feira de asociacións

  • From: Olalla Monteagudo <sonaqson@xxxxxxxxx>
  • To: aenda@xxxxxxxxxxxxx
  • Date: Mon, 28 Mar 2011 23:01:00 +0200

Ola!
Hoxe houbo reunión da feira de asociacións, quedouse no seguinte (máis ou
menos):

   - O concello deu o seu permiso *por escrito*!!! uuuuuuuuuuuuuuu!!!
   - Fixéronse 300 carteis, vanse facer panfletos e fíxose unha lona pra
   colgar. Cada asociación levou uns 15 para pegar, máis ou menos as zonas
   repartidas xa foron as seguintes: Campus, San Roque e Ramón Ferreiro,
   Fontiñas e residencias universitarias, a milagrosa, avenida da coruña e a
   xunta e centros sociais xa están collidos. A nós tócanos Fontiñas e
   residencias universitarias.
   - Falouse das actividades e de como quedaban distribuidas. Aceptouse o da
   campaña de penso e xa vai no programa!! A Cova da Terra tamén vai poñer a
   info no seu facebook!
   - En prinicio non hai mesas nin sillas para os stands, pero van preguntar
   - Os stands miden 3x2m, e o cartel para pór derriba é de 3mx25cm. Van
   pedir un presuposto de vinilos en copisterías para ver se se fan todos
   igual.
   - Para montar os stands hai que estar o venres á mañá, anque non sei a
   que hora. Se se levan moitas cousas e é preciso meter un coche, pódese pedir
   un permiso na policía local (dando o num de matrícula e datos) e xa está,
   dano no momento. O mellor é ir cada un a pedir o seu.
   - Vaise facer unha rolda ou nota de prensa, inda non se sabe o que.

Ala! A rañala!!

Other related posts: