[vagalume] Acta asamblea 10-10-11

  • From: Xose Xose <xosexose@xxxxxxxxx>
  • To: vagalume@xxxxxxxxxxxxx
  • Date: Tue, 11 Jan 2011 22:47:07 +0100

Hai vai a acta:
apertas!

  *ASAMBLEA EXTRAORDINARIA VAGALUME 10/1/11*


 *Contas*: Pino presentou o informe dos dous últimos meses, está na
corcheira. Destaca que:

   -

   xa esgotamos o colchón
   -

   Lembrarnos de pechar o candado da caixa
   -

   Cobráronsenos 3 meses á vez de luz por parte do caseiro.

Susana renovará o libro de cuotas e deixará un espacio para poñer tamén a
data


 *Cuotas, prezos e acceso ó local en febreiro*: na vindeira asemblea
falarase das seguintes propostas, xa acordadas, excepto a da chave, que hai
que pulila:

Subir os prezos das consumicións un 50% (con respecto ó prezo rebaixado
actual)

Non haberá rebaixa para quen pague cuota

A cuota será de 3 €

Para entrar no Vagalume, haberá que ter chave, de xeito que haberá que
instalar unha segunda pechadura na porta interior da entrada. As persoas que
paguen cuota terán dereito a ter unha copia desta chave.


 *Queixas*:

As persoas que veñan o local fora do horario de apertura do local, teñen que
deixar todo limpo!

Lembrarnos de non deixar comida no local, que é un noxo cando pudre e
alimentamos ós roedores!

As actividades, se se suspenden debe avisarse ó responsable do local dese
día para que llo diga á xente!, e puntualidade nas mesmas!


 *Ceas Veganas*: Rita non se compromete a facelas todos os venres, precisa
axuda. Múdase a hora para as 22:00


 *Horarios xaneiro*: de luns a mércores de 19:00 a 23:00

de xoves a sábado de 20:00 a 00:00

Non hai problema se alguén quere vir e abrir antes


 *Recados de Susana para as Actividades de Febreiro, que non vai poder vir á
vindeira asemblea:*

   -

   Pode abrir os luns
   -

   Actividade “Vagaluns, talleres para exercitar as manciñas”:


 día 7: afieltrado de lá

día 14: contacto coas arcillas

día 21 pintado en tela (faite un parche!)

día 28 Reciclando papel

Para participar en cada actividade hai que pagar 3 €, dos que 1,5 son para
Vagalume


 *Este 28 de xaneiro hai un concerto non anunciado no cartaz: Trazos
(Punk-Rock)*


 *Limpeza*: o último luns de cada mês, limpeza xeral a partires das 12:00. A
próxima é o 31 de xaneiro.


 *Cartel entrada Vagalume*: faino Borja


 *Calendario*: a ver se a xente que falta vos animades a facer as fotos!


 *Manual do/a abridor/a de Vagalume:*Na asemblea de Febreiro , Susana trae o
manual xa existente actualizado.


 *Próxima asamblea: día 20 de xaneiro ás 20:00*

*Vagalume!!!!!*

Other related posts: