[aenda] dia internacional dos dereitos dos animais.

  • From: Raquel Novoa <raquelnb89@xxxxxxxxx>
  • To: AENDA <aenda@xxxxxxxxxxxxx>
  • Date: Mon, 6 Dec 2010 01:55:00 +0100

Hola a tod@s:

Con motivo do día internacional dos dereitos dos animais, o próximo día 10
de Decembro, para o cal non falta nada estiven a pensar algún xesto factible
en pouco tempo.
Simplificando ideas que lin en diferentes asociacións pensei que se podía
elaborar algún tríptico ou panfleto para repartir esa tarde na praza maior.
Nel inda non sei moi ben que incluír, algunhas ideas:
-Denunciar a falta de dereitos en diferentes aspectos (peles,
experimentación, ocio, alimentación....) e engadir unha pequena explicación
en cada un deles de por que se necesitan, mencionando o que sufren.
-Un manifesto, lin un en equanimal, deixovos a ligazón:
http://www.10diciembre.com/2007-manifestacion-derechos-animales.php#manifiesto
O problema e que non sei se serei capaz de escribir algo tan bo. podese
intentar...
-Lin en equanimal a sua declaracion de dereitos para os animais que
poderiamos engadir poñendo que é de Equanimal, sempre que todos estemos de
acordo co que pon. Deixovos a ligazón:
http://www.10diciembre.com/declaracion.php

Esto, como dixen, poderiamos distribuílo na praza maior por exemplo.
Poderiamos ir todos vestidos de negro ou algo así....

E a parte podiamos anunciar nos panfletos ou aparte a proxección  dun
documental sobre o "Especismo" nunha aula de veterinaria para a seguinte
semana. Para iso xa falei con Rebeca que me pode axudar.

Son as ideas que se me ocorreron de primeiras, se se vos ocorre algo máis
comunicádemo. Ah e decídeme o que vos parece!

Que pasedes unha boa ponte!! ;)

Other related posts: