[vagalume] Re: proposta 1, 2 e tal para asamblea

  • From: Rita lula <rita_lula@xxxxxxxxxxx>
  • To: vagalume centro social lugo <vagalume@xxxxxxxxxxxxx>
  • Date: Thu, 10 Dec 2009 01:41:42 +0000


Boas !

como non vou estar na proxima xuntanza, que vou ver a miña sobrinña nacer 
(ehehehehe)... deixo aqui a miña opinion/ reflexions sobre os temas:

1- uso do freelist --> xa me diredes o que quede decidido en asamblea. entendo 
perfectamente que nos limitemos a asuntos internos de vagalume. 
persoalmente enviei poucas cousas externas porque tamén opino eso. esta ultima 
que enviei foi "a drede" .. non (solo) porque me pareza interesante, sino 
porque se trata de un centro social, en regimen de alquiler, tal como 
vagalume... e de feito, bastante mais integrado na cidade donde está que a nos 
ata agora ! obviamente ninguen de aqui iria ah protesta (é en Lisboa) pero si 
pode haber interesados no proceso, ou dar cartos para o proceso xudicial ou 
interes no que fai o centro en cuestion (de feito, xa hubo persoas de vagalume 
preguntandome sobre como iban estas cousas por portugal). explico esto porque 
estiven uns segundos pensando se envialo a esta lista ou non e decidime a 
envialo por estos motivos. (creedme que se fora por interese, sen relacion con 
vagalume... iban mais cousas). 
Non me importa nada filtrar tamen este tipo de emails. =)

2- cuotas --> pareceme bastante interesante a proposta de Xose e unha boa 
(quizais a unica) de descentralizar a as ganancias da barra. 
A unica dificuldade é a que xa dixo Xose cando a planteou...  o de ter un 
sistema y sitio donde apontar, ver e comprobar FACILMENTE quen pagou, canto, 
cando e tal. o ordenador eh unha opcion para esta cuestion, pero o ordenador 
que temos NON facilita nada... asi que, non me parece mala ideia ter unha 
libreta aparte (a que ficho Auri de cómo levar a barra esta practicamente 
vacia, podemos usar esa mesma) donde se apunta cada mes e, abaixo, o nome de 
quen paga, canto paga, a fecha e, xa que hai moitos nomes repetidos, quen sabe 
non seria otnto apontar o dni, para individualizar mais facilmente...  non mola 
andar pedindo o dni pero moita xente sabelo de memoria e ademais, o estar 
inscrito como socio, xa o temos apuntado no libro de socios.  Desta maneira eh 
soh abrir a libreta na ultima paxina escrita (que se corresponde con o mes 
actual...similar o libro donde apontamos as caixas diarias da barra, sen tablas 
ni ostias) e verificar ou apontar novas cuotas.  evitamos esperar por un 
sistema informatico eficiente e evitamos ter unha pizarra enorme ali exposta. e 
simplesmente unha proposta.

3- 40% para os grupos musicais --> tes razon nesa reflexion Xose.. non eh 
plenamente xusto... pero tamen eh certo que un concerto SOLE dinamizar mais 
consumo na barra que outro tipo de actividades. é certo que talleres ou tal 
traen xente a vagalume, e eso hai que telo en conta, pero polo xeneral non 
xeneran tantas consumisions e, normalmente non requeren o transporte de tanto 
material como un concerto (instrumentos etc..). Non teño a solucion ideal, solo 
se me ocurre propoñer que quen queira facer talleres se leve unha comision de 
barra inferior o 40%. pero claro, esto non resolve para nada os problemas 
financeros de vagalume en si.. (empeoralos). Se deixamos de dar 40% os musicos 
quizais haxa mais xusticia entre organizadores de activiades y mais cartos para 
vagalume (?) pero tamen quizais haxan menos concertos.. simplesmente hai que 
decidir o que preferimos.

4- cans --> está claro que é unha cuestion que hai que tratar. por cuestions de 
hixiene e demais. 
xa todos sabedes que persoalmente prefiro que SI sigan indo cans o vagalume, 
porque xa quedan poucos sitios donde podamos compartir momentos entre-especies 
e non me mola nada perder un espazo mais! esta claro que condicionan as cousas 
pero na miña opinion esta convivencia aporta cousas moi boas e das cuais non me 
quero desconectar (exemplo: can como dana, que le teñen medo a td, o ir a un 
espazo con xente descoñecida e ruidos pero sen que le pase nada, axuda moito a 
que se acostumbre o mundo real, poco a poco)... é loxico que, pensando asi, eu 
tenda a ver a parte guay de ter ali os cans e quite certa importancia a outras 
cousas, como cagadas e mexadas e ladradas e pelos (para mim é un mal 
soportable, xa que o soporto continuamente en VARIOS contextos) ... PERO esto 
non quita que as cousas non se DEBAN mellorar, para todos!!  
enton... xa falei con Dario para facer o da porta (que evitará que os canideos 
suban as escaleiras). Hai material en diogenes para facer a porta, solo falta 
comprar unhas bisagras destas con muelle para que peche sola. En principio 
seran compradas entre esta semana e a proxima xunto con outros materiais que 
nos fan falta na cociña.
Por se acaso este proceso se retrasa o calquera cousa: xa o dichen, pero 
escribo aqui tamen, para que quede "en acta", que opino que era preferible que 
NON entraran cans no vagalume ata que este a porta feita. 
Como sei que esto e dificil de cumplir porque a xente chega sen aviso e tal.. 
ou a quen este na barra non lle mole "botar" a peña, no caso de que entren, 
pois que queden atados (quero decir, con correia, con o seu dono) ---> esto non 
o habia dito pero penseino despois na casa e pareceme ben para evitar 
desperdicios e guarradas.

Canto a que se suban o sofá... a min gustariame que os cans sigan podendo 
subirse e tumbarse no sofa, xa que moitos ali estan mais tranquilos. Ó mellor 
era guay comprar/ conseguir 2 fundas que sirvan no sofa en cuestion, e mentras 
se lava unha, ponse a outra.. pero cando digo funda, digo funda, non manta!
de todas maneiras ese sofa xa surxiu en vagalume de un recicle da basura, e 
nunca foi limpo, o dos cans sumase, claro, pero a proba do algodon xa a 
suspendia dende o principio.
Se se fai esto das fundas non me importa quedar responsable de lavalas e 
cambialas xa que vivo tan cerca.


sinto haberme extendido tanto... sei que eh un coñazo, pero asi queda td dito.

simplesmente volto a reforzar o feito de que td esto son as miñas opinions, e 
como parto da base de que en vagalume as cousas vanse decindo e facendo coa 
preocupacion de unha mellora comun, xa me diredes o que queda decidido e se hai 
que cambiar algo xa me adaptarei.


bicu !

Rita

                                          
_________________________________________________________________
Windows Live: Make it easier for your friends to see what you’re up to on 
Facebook.
http://www.microsoft.com/middleeast/windows/windowslive/see-it-in-action/social-network-basics.aspx?ocid=PID23461::T:WLMTAGL:ON:WL:en-xm:SI_SB_2:092009

Other related posts:

  • » [vagalume] Re: proposta 1, 2 e tal para asamblea - Rita lula