[vagalume] Proposta 2 para debater na vindeira asemblea: beneficios barra artistas

  • From: Xose Xose <xosexose@xxxxxxxxx>
  • To: vagalume@xxxxxxxxxxxxx
  • Date: Tue, 8 Dec 2009 17:48:15 +0100

Ben a outra proposta é mais ben unha reflexión:
Se andamos xustos económicamente, e o beneficio da barra en días onde ven
bastante xente case sempre vai últimamente para os grupos...
Estiven pensando que tamén as persoas que organizan charlas, exposicións,
dan obradoiros, poñen pelis, etc... poderían levarse eses beneficios. Non
comprendo a distinción...As veces tamén fan que veña xente ó local, e teñen
gastos...
Neste caso, sería obvio que vagalume sacaría aínda menos cartos...

Vamos, que propoño eliminar o dos beneficios para grupos musicais. Penso que
terían que funcionar cun bote de aportacións voluntarias ou bono-axuda na
entrada (tamén voluntario o seu pago).

Ben é so unha reflexión, falamos na xuntanza

Apertas!

Other related posts: