[vagalume] PREGAMOS APOIO DENDE LUGO: Á RÚA CONTRA A TORTURA ANIMAL

  • From: bárbara soto <simeacuerdosi@xxxxxxxxx>
  • To: vagalume@xxxxxxxxxxxxx
  • Date: Mon, 21 Nov 2011 15:57:59 +0100

Ola amigas e amigos,

Nesta ocasión prégovos o voso apoio na nosa iniciativa en defensa dos
dereitos de tódolos nosos "compañeiros de vida".

Este ano ten que entrar en vigor a lei da PROHIBICIÓN DOS ESPECTÁCULOS
TAURINOS en Cataluña, con toda a presión en contra que está tendo.
Como sabedes, a "SRA" Esperanaza Aguirre presenta á UNESCO a súa proposta
de facer das touradas patrimonio da humanidade e, co goberno
do Partido Popular, o tema da protección dos animais vai sofrer seguramente
bastantes retrasos.

Varias asociacións estatái e cidadáns independentes, convocadas dende a
plataforma DIGNIDAD ANIMAL decidimos sair á rúa o mesmo día en VARIAS
CIDADES para protestar contra esto e tamén para *reinvindicar*  *A TOTAL
ERRADICACIÓN DUNHA VEZ POR TODAS DA TORTURA ANIMAL, SEXA NO EIDO QUE SEXA.

*
Queremos ademais aproveitar para* informar á poboación* sobre os
"expectáculos" e tradicións que ainda fan do sofremento dalgún ser un
acontecemento "festivo".Esto non só é * inadmisible e inmoral* dende o
punto de vista EMPÁTICO (é increíble que ainda teñamos que reivindicar que
facer sofrer a un ser sexa unha brutalidade) senón que pensamos que é *MOI
GRAVE DENDE O PUNTO DE VISTA DA CONSTRUCCIÓN DA CULTURA HUMANA COMÚN E DA
EDUCACIÓN DAS FUTURAS XERACIÓNS*:

*Permitir que o sofremento, sexa do ser que sexa, se convirta en
expectáculo e forme parte da cultura, ignorando totalmente que estamos a falar
de seres conscientes e con sensibilidade e emocións, pecha a porta a
construcción dunha sociedade que REXEITE TODA FORMA DE VIOLENCIA e fomente
A EMPATÍA,  A SENSIBILIDADE, A COMPASIÓN E O RESPETO E O AMOR POLA VIDA E
POR TODOS E TODAS AS QUE FORMAMOS PARTE DELA.

*
Todas estas prácticas pertencen ou deberían pertencer XA o pasado e, para
conseguir que aí queden, temos que expresar claramente QUÉ CULTURA
DEFENDEMOS.

BASTA DE TORTURA ANIMAL-LUGO
Domingo 25 de NOVEMBRO
entre as 12H e as 15H
NA PRAZA MAIOR DE LUGO


APROVEITO PARA MANDARVOS UN MOI AFECTUOSO SAÚDO E
AGRADECER TODO O TRABALLO QUE FACEDES CADA DÍA NESTE EIDO E OUTROS AFÍNS.

AGARDÁMOSVOS!

Bárbara Ruth Soto Lucas.

http://www.facebook.com/event.php?eid=218551798218175
http://www.plataformadignidadanimal.org/index.html




-- 
BRSL

Other related posts:

  • » [vagalume] PREGAMOS APOIO DENDE LUGO: Á RÚA CONTRA A TORTURA ANIMAL - bárbara soto