Iso é verdade, completa e absolutamente de acordo. En realidade, estou de acordo con todo o que dixestedes, todas. A obxección de conciencia (ainda non vin os carteis, pero imaxínome que así é) non é só porque non se deban facer esas prácticas, senón porque están mal plantexadas. Por exemplo, o que pasaba co tema dos microchips... non era que non se quixera pór microchips, senón que non molaba nada porlle 35 chips de porco a un can!! A facultade ten que comezar a decatarse de que teñen que pórse en serio que mellorar as cousas, tampouco eu non creo que sexa ilícito practicar con animais vivos, pero si desta maneira. Non pode ser que deas unhas condicións de benestar na teoría e que logo as nosas vacas de prácticas vivan como viven. Tampouco é lícito que ninguén se preocupe delas, e que de repente nunhas prácticas vexan que había 1 con 15 dd de metrite... non son lóxicas moitas cousas. Tampouco é lóxico que practiquemos ata facelas sangrar. Por desgracia, en veterinaria non é tan facil o tema como en medicina, onde hai máis tempo para formarse cun só bicho e máis medios, pero que practiquemos con animais non nos ten que facer ser uns brutos (que non digo animais). En canto a dar alternativas, creo que Amaia, María, Martita e Rita (creo que dixen ben quenes inventastedes o do microchip) xa o fixeron 1 vez. Nós non temos percorrido nin esperiencia para cambiar a facultade, pero si podemos comezar... non sei. De todos os xeitos creo que nós si que precisamos animais cos que practicar... pero... tamén ten que haber outros móitos métodos (por exemplo, no canto de sacrificar cans para nós en Anato, por que non se podería pór algo en marcha cos animais sacrificados non Rof ou nas clínicas... non sei... Sería de pensar, pero non estaría mal ao tempo que se fai a campaña (ou con tempo) comezar a presionar un pouco aos profesores... bueno, quizás me extendín un pouco de máis... sory. Só unha cousa máis... trátase de obxección de conciencia, non de que todo o mundo o teña que facer nin de opórse ás prácticas... só que quen queira por motivos éticos non facelas o poida facer. Alguén que se vaia adicar a laboratorio non ten por que andar a joder a unha vaca en prácticas se non o cre preciso... Bueno, eso ciao El 26 de abril de 2010 13:12, Raquel Novoa <raquelnb89@xxxxxxxxx> escribió: > No son cosas comparables. En medicina practican con casos reales de > personas que están mal. En veterinaria, aquí en España, se destinan animales > exclusivamente con ese fin, para experimentación y prácticas. > > ¿Sería ético que una persona fuese utilizada, sin ningun fin más alla, que > para practicar con ella sin su consentimiento y muchas veces provocándole > patologías? o ¿se podría, como se hace en medicina humana, practicar con > casos reales para aprender? > > Estaría bien que como asociación aportásemos algo en esta campaña, y nose > si ya se está haciendo, pero yo creo que estaría bien ecompañarla de > alternativas. Y si aun no tenemos nivel o conocimientos suficientes para que > se nos ocurran, podemos dar ejemplos de otros países, como Reino Unido.... > Si hacemos esto nos ahorraríamos discusiones como lo que estabais hablando > antes, porque así se hace una crítica acompañada de soluciones. > > >