[aenda] Re: fotocopias dni

  • From: Olalla Monteagudo <sonaqson@xxxxxxxxx>
  • To: aenda@xxxxxxxxxxxxx
  • Date: Wed, 17 Nov 2010 18:25:13 +0100

Vale, na reunión do luns o que se fixo é o seguinte:
Cubrir os papeis para a renovación dos papeis para a USC, mantendo as cousas
tal e como estaban en canto a organización, xa que total pódese cambiar
cando se queira, e como non nos damos reunido todos, tampouco se ía andar
movendo nada (isto falárase xa na reunión anterior). Os formularios que se
cubriron adxúntovolos ao correo (xa os enviei por correo  - o de toda a vida
- a Santiago), e na próxima xa levo as fotocopias para que queden no local.
Estabamos presentes Lucía, Emma, Iris (nova adquisición para a asociación) e
eu.

Quedouse de actualizar os estatutos na xunta, pondo os que acordamos segundo
un modelo de modificación dos estatutos. De ahí que faga flauta o dni dos
membros da xunta directiva, e deixar iso listo e que deixe de tocar os
güevos ese cabo solto. Por certo, Amaia, cando vos inscribirades por
primeira vez cobráranvos algo??

Vimos a Aniano antes da reunión e dixo que el se quería reincorporar e que
quería vir máis amiúdo ás reunións, pórse en serio. Non tiña ganas de estar
no grupo de protectora (que por outro lado é o que ten máis xente), polo que
dixo que quería pasar a formar parte do gurpo de Defensa Animal. Tamén dixo
que Nacho quería seguir como estaba, e xa que Aniano se ía pór a vir, xa el
lle ía contando, e que a páxina web a levaría el se lle mandavamos as cousas
por e-mail. Por suposto, todas estas cousas hai que falalas e votalas nunha
reunión que esteamos todos (case todos, senón imposíbel), pero
extraoficialmente as cousas dos grupos queda algo así:

Informática: Nacho
Protectora: María Ortega, María Gómez, Rita, Amaia, Lucía
Defensa Animal: Aniano e Ari, Raquel
Medio Ambiente: Javi, Emma, Olalla
Festas: Ana Bugueiro

Tamén se adheriu á asociación Iris Moreno, anque non sabe en que grupo
meterse aínda (somos 14!!!!!)

En principio a reunión deste mércores (hoxe) supoño que non se vai facer, eu
vou ir ata o local por se acaso, pero como xa se fixo a do luns (sory,
lieivos con mensaxes contraditorias). E creo que nada máis. Vémonos!!


2010/11/17 Lucía Hermida Feijoo <kuliak@xxxxxxxxxxx>

>  ola! fai falta que os da xunta directiva levedes unha *fotocopia do dni *á
> seguinte reunión porque se precisa para renovar os estatutos.  É
> importante intentar estar para a seguinte reunión para que quede feito. un
> biquiño xente!
>
> ------------------------------
> From: aska1985@xxxxxxxxxxx
> To: aenda@xxxxxxxxxxxxx
> Subject: [aenda] RE: [aenda] reunión
> Date: Fri, 5 Nov 2010 00:49:08 +0100
>
>
> holaaa!!!
>
> siento andar desaparecida pero eske me toca currar un par de semanas a lo
> loco y entre eso txapar algo y pasear a mi oso no me da la vida pa mas,
> informarme por aki por fa de como kedo la votacion y todo eso, para saber q
> facer, y si hace falta q me cambie de grupo sin mucha responsabilidad por
> fa, me cambio ok? muxus para todas!!!!!!!!!!
> ------------------------------
> Date: Wed, 3 Nov 2010 09:41:18 +0100
> Subject: [aenda] reunión
> From: sonaqson@xxxxxxxxx
> To: aenda@xxxxxxxxxxxxx
>
> ola xente!! Mándovos o calendario deste ano, que tamén lle mandei a nacho e
> tará na pax web!! Hoxe, reunión ás 20:00 de xerentes (os diretivos e os
> coordinadores, ao resto que vos dean).
>

Other related posts: