[aenda] Re: dia internacional dos dereitos dos animais.

  • From: Emma Nerea González Pérez <emmanerea89@xxxxxxxxxxx>
  • To: <aenda@xxxxxxxxxxxxx>
  • Date: Mon, 6 Dec 2010 00:59:20 +0000

vale, podems facer algo, no caso de q vña demasiado xusto o tempo podems 
simplemente repartir ese dia panfletos anunciando o documental e proxectalo a 
seguinte semna.

Date: Mon, 6 Dec 2010 01:55:00 +0100
Subject: [aenda] dia internacional dos dereitos dos animais.
From: raquelnb89@xxxxxxxxx
To: aenda@xxxxxxxxxxxxx

Hola a tod@s:

Con motivo do día internacional dos dereitos dos animais, o próximo día 10 de 
Decembro, para o cal non falta nada estiven a pensar algún xesto factible en 
pouco tempo.
Simplificando ideas que lin en diferentes asociacións pensei que se podía 
elaborar algún tríptico ou panfleto para repartir esa tarde na praza maior. Nel 
inda non sei moi ben que incluír, algunhas ideas:

-Denunciar a falta de dereitos en diferentes aspectos (peles, experimentación, 
ocio, alimentación....) e engadir unha pequena explicación en cada un deles de 
por que se necesitan, mencionando o que sufren.
-Un manifesto, lin un en equanimal, deixovos a ligazón: 
http://www.10diciembre.com/2007-manifestacion-derechos-animales.php#manifiesto

O problema e que non sei se serei capaz de escribir algo tan bo. podese 
intentar...
-Lin en equanimal a sua declaracion de dereitos para os animais que poderiamos 
engadir poñendo que é de Equanimal, sempre que todos estemos de acordo co que 
pon. Deixovos a ligazón: http://www.10diciembre.com/declaracion.php


Esto, como dixen, poderiamos distribuílo na praza maior por exemplo. Poderiamos 
ir todos vestidos de negro ou algo así....

E a parte podiamos anunciar nos panfletos ou aparte a proxección  dun 
documental sobre o "Especismo" nunha aula de veterinaria para a seguinte 
semana. Para iso xa falei con Rebeca que me pode axudar.


Son as ideas que se me ocorreron de primeiras, se se vos ocorre algo máis 
comunicádemo. Ah e decídeme o que vos parece!

Que pasedes unha boa ponte!! ;)
                                          

Other related posts: