[aenda] FEIRA ASOCIACIÓNS

  • From: Olalla Monteagudo <sonaqson@xxxxxxxxx>
  • To: aenda@xxxxxxxxxxxxx
  • Date: Wed, 13 Apr 2011 13:22:57 +0200

Boas!! Acabo de ver un mail da feira de asociacións para ver se valoramos a
tal feira. Que é o que lle queredes pór? Trátase de pór por mail, para non
ter que facer outra reunión. Bueno, pois iso! Tamén nos escribiu unha persoa
interesada en facerse socio (o correo era englishcenterlugo)... eu contestei
e díxenlle se quería pasarse pola reunión do mércores que ven (o día 27,
reunión xeral ás 19.00 h , non vos esquezades, tedes que vir todos!!).

Ah, si, tamén mandaron a presentación de unha asociacións, chamada bico de
leite, mándovola para que lle botedes un ollo, deica!

Boas,

Acá vos reenvío a presentación de "Bico de leite".
Estivemos con Susana este fin de semana na Feira de Asociacións.

Alegrámonos da vosa presencia entre nos. Xa vos teremos informados das
actividades q levamos a cabo cada asociación e as conxuntas.

Apertas, Gerardo
Consello de Asociacións Socioculturais de Lugo


-------- Mensaje original --------
Asunto: Presentámonos
Fecha: Mon, 11 Apr 2011 18:38:36 +0100 (BST)
De: Bico De Leite <bicodeleite@xxxxxxxx>


Hola a tod@s!
Somos a asociación Bico de leite e encántanos participar neste foro e
traballar en rede con outras asociacións luguesas. Velaquí un pequeno
texto que esperamos sirva como presentación...
Unha aperta,
Susana Ferreiro Mediante
Secretaria de Bico de leite

SOMOS

Bico de Leite somos mulleres, somos nais, e tamén somos nenas e nenos,
pais, avós e avoas, amigas e amigos...

Bico de leite é tamén un lugar, un punto de encontro, un sitio distinto
onde damos teta, pero tamén onde damos outras cousas, damos alento e
agarimo, damos información e comprensión, damos axuda práctica, algunhas
respostas, pero tamén alguns interrogantes... para seguir aprendendo.

Bico de Leite é unha parte, un nó dentro dunha rede global, dunha trama
formada por moitos grupos e moitas persoas unidos por uns fins e un
sentir común, algo que se atopa cando decides aleitar e sobre todo cando
comezas a aprender algo mais sobre o que iso significa, para as nenas e
nenos, para ás nais, para as familias, e para toda a sociedade.

Bico de Leite é un soño, onde todas as nais que o desexan poden
amamantar todo o tempo que elas e os seus meniños queren, onde o sistema
sanitaro e o entorno social e familiar están para axudar, para aplaudir
e para alentar, e non para xulgar, prexuzgar e poñer trabas.

Bico de leite é unha loita e un sentimento, é un saber que é posible
construir un mundo mellor...

O noso nome

Bico de leite é un xogo de palabras que expresa o sentido profundo do
acto de aleitar...

Por unha banda está o significado de bico na expresión "bico do peito",
facendo referencia á mamila, como reflexo do aspecto fisiolóxico da
lactancia, a lactancia como proceso nutritivo...

E por outra está o sentido de bico coa súa acepción habitual, coma
aloumiño, recollendo o aspecto emocional do feito de aleitar, o vínculo
de contacto íntimo, ese bico físico que nai e fillo intercambian con
todo o seu ser e que convirte a lactancia materna en moito máis ca un
proceso nutritivo.

Other related posts:

  • » [aenda] FEIRA ASOCIACIÓNS - Olalla Monteagudo