[vagalume] Proposta 1 para debater na vindeira asamblea: cuotas - ingresos
- From: Xose Xose <xosexose@xxxxxxxxx>
- To: vagalume@xxxxxxxxxxxxx
- Date: Tue, 8 Dec 2009 17:36:05 +0100
Proposta de cuotas-ingresos para falar na asemblea
Ola Vagalumes!, ante a situación económica moi axustada que levamos, ahi
vai unha proposta para falar na próxima asamblea:
Para que teña sentido plantexala, parto de *tres supostos*:
1- Todas seguimos pensando que é mellor que o Vagalume se financie vía
cuotas que vía barrra. Os ingresos da barra deberían ser só un complemento.
2- Todas seguimos pensando que ter diñeiro ou non, nunca será un
condicionante para ser socia.
3- Unha persoa que pode pagar algunha consumición da barra, tamén ten
recursos para pagar unha cuota mínima de 2 € ó mes.
*Propoño*:
1- Subir ó doble o prezo das consumicións da barra.
2- Que exista un desconto dun 50% para as socias que teñan actualizado o
pago da cuota mensual, que será dun mínimo de 2 € (así os prezos quedarían
igual)
*Para que isto sexa efectivo*:
1- Habería que facer un listado novo de socios que pagan cuota cunha táboa.
Cada vez que pagan, anótase na táboa canto pagan.
2- É a socia quen ten que preocuparse de pagar a couta e de informar á
persoa encargada do local dese día que ten a cuota actualizada e que polo
tanto lle faga o desconto.
3- Moi importante: o desconto faise soamente se* no momento de pagar a
consumición * está pagado ese mes. Nada de “mira cóbrame agora así, co
desconto, que xa pago mañá a cuota...”
Para poñer isto a funcionar, ofrézome a colabora coas persoas que levedes
tesourería (Auri, Rebe)
Posibles situacións:
-Enganos: que pode haber alguén que diga que ten a cuota actualizada e non
sexa certo...? Non creo que o fixera case ninguén, e ademáis é facil de
comprobar...
-Socias que veñen moi de vez en cando e non teñen a couta actualizada: penso
que nestes casos, se queren o desconto, so se lle cobraría ese mes. En
xeral, as coutas son mensuais, non se acumula débeda co Vagalume.
(que noxo da pensar nestas historias do diñeiro, consola pensar que en
breve xa non será util...je)
Apertas!!
Other related posts: